A Fragua de Moisés

A Fragua de Moisés é unha casa de vacacións en Nigrán, a cinco minutos de praias como Praia América, Panxón, Patos e tamén preto de ambientes naturais para os amantes da montaña. Perfecta para alugar nos meses de verán. Está a un paso do centro de Nigrán e de todos os servizos, supermercados, panaderías, bancos, farmacias, bares… A 20 minutos de Vigo e a 15 de Baiona.

A casa ten dous dormitorios dobres, unha ampla cociña totalmente equipada, sala de estar e un baño; No recibidor tamén hai un sofá cama onde dúas persoas poden durmir cómodamente, o que o fai perfecto para aloxar ata seis persoas.

As estancias están todas na mesma planta, con acceso directo á rúa e ao xardín. Nun anexo cuberto está a churrasquera.

O xardín é perfecto para desconectar e relaxarse. Podes gozar dunha churrascada coa familia ou cos amigos, deitarte na herba a tomar o sol, ler á sombra dunha árbore ou xogar cos nenos ou a túa mascota.

Sobre a fragua

Esta casa pertence á miña familia dende o século XIX. A miña nai, o meu avó e o avó da miña nai naceron aquí…

Co paso dos anos a casa foise adaptando ás necesidades da familia, pasou de ser unha pequena casa dunha planta ao aspecto actual en forma de L, cunha adega na planta baixa, unha gran cociña e un pequeno establo que albergaba aos animais que unha familia rural necesitaba a finais do século XIX.

Dende que eu teño memoria, a casa estaba rodeada polas fachadas oeste e sur, estendéndose case ata a parte traseira da finca, por un viñedo alto formado por viñas de diferentes variedades de uva branca e tinta: loureiro, treixadura, caíño e albariño. Podense ver arredor da leira postes de granito monolíticos que sostiñan os emparrados e que recordan que, hai moito tempo, as viñas eran moito máis numerosas e que a adega da planta baixa servía para gardar unha “xenerosa” produción de viño seguramente destinada á venda ademais do consumo propio. No xardín está o pé da última prensa que había na adega.

Co paso do tempo, as vides perderon protagonismo e o meu avó, que herdou a casa da nai, tamén herdou o oficio do seu pai, o de ferreiro. Diante do portal principal da casa atopábase a fragua da que os únicos vestixios que coñecín son as grandes pedras que compoñían as súas paredes e hoxe están espalladas pola finca con distintas e variadas funcionalidades.

Mascotas

Cans e gatos son benvidos e espero que gocen tanto coma vós . Teñen espazo para correr, xogar e facer todo o que precisen.

WordPress Cookie Notice by Real Cookie Banner